Friday 17 de May de 2024

O GES de Brión e os bombeiros de Santa Comba colaboran na asistencia nun accidente con 2 persoas feridas en Ponte Insua (Negreira)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión participou ás 4:20 horas da madrugada deste domingo no operativo mobilizado ante un accidente en Ponte Insua (Negreira). Unha intervención que se saldou con cando menos dúas persoas feridas e na que tamén colaboraron os Bombeiros de Santa Comba.

Os técnicos do GES de Brión recibiron ás 4:20 horas a chamada de alerta por un accidente dun vehículo no que viaxaban tres persoas. Unha delas puido saír do vehículo polos seus propios medios mentres que as outras dúas persoas estaban no interior: unha ferida na parte traseira e outra atrapada no posto do condutor. GES de Brión e Bombeiros de Santa Comba colaboraron na excarceración desta persoa e na posterior evacuación das dúas persoas feridas ao hospital.

Tras a evacuación das persoas feridas procedeuse á limpeza da estrada e ao restablecemento do tráfico rodado na zona.